Ricardo Rodríguez, novo centenario en Oroso
O Concello de Oroso celebrou hoxe un acontecemento moi especial: o 100 aniversario de Ricardo Rodríguez Lagares, máis coñecido como Ricardo do Ferreiro de Marzoa.
Ricardo Rodríguez, leva 75 anos vivindo en Mijoi na parroquia de Calvente. É
carpinterio de profesión e moi coñecido en Oroso por adicarse a facer carros, tellados de casa, etc..sobre todo nas parroquias de Senra, Calvente, Ánxeles, Pasarela e Marzoa, a súa parroquia de orixe. É pai dunha filla coa que vive, ten unha neta e dous bisnetos.
Todos os días ás 20h da tarde, Ricardo do Ferreiro de Marzoa plántase diante do
televisor para ver o seu programa favorito “Pasapalabra”. É costume de Ricardo beber
un vaso de viño a comida e encántalle saír e pasear no coche.
Dende o Concello de Oroso queremos transmitir o noso agarimo e recoñecemento a
Ricardo neste día tan especial, desexándolle moitos máis anos de felicidade e boa
saúde.
Este 100 aniversario, celebrouno coa súa familia e amigos. O alcalde, Alex Doval e a
concelleira de Servizos Sociais, Maiores e Sanidade, Lidia López fixéronlle unha visita e amosáronse orgullosos de que o Concello de Oroso conte con veciños como
Ricardo, que representa os valores de resiliencia, alegría e apego á vida.
Parabéns, Ricardo!