Humanización da Praza Isaac Díaz Pardo

Sinatura da Conselleira de Vivenda e Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue e o Alcalde de Oroso, Alex Doval
Sinatura da Conselleira de Vivenda e Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue e o Alcalde de Oroso, Alex Doval
Membros da corporación municipal na sinatura do convenio

Día importante para Oroso, hoxe achegouse ata a Casa do Concello a Conselleira de Vivenda e Infraestruturas da Xunta de Galicia, María Martínez Allegue, para asinar o convenio para a execución das obras de humanización da praza Isaac Díaz Pardo.

As actuacións cun valor de licitación de 705.393,82 € nos que a Xunta aportará o 70 % e o Concello o 30 % restante dará unha nova imaxe a unha das prazas máis céntricas do noso pobo.

Ademais da remodelación integral da mesma aproveitarase para cambiar toda a rede de abastecemento, saneamento e pluviais e evitar as inundacións da praza así como salvar o desnivel actual coa parte de diante do concello, tamén se restrinxirá o tráfico rodado.

O Alcalde, Alex Doval, agradeceu a dilixencia e a celeridade da Consellería á hora de formalizar este convenio e a súa dotación orzamentaria e puxo como exemplo a colaboración administrativa Xunta-Concello fronte outras administracións.

A obra será licitada por parte da Xunta no mes de xaneiro e os traballos comezarán previsiblemente no mes de xuño e contarán cun tempo máximo de execución de 6 meses.

Compartir: