O Concello de Oroso abre un novo prazo de matrÃcula no Curso de Preparación das Probas Libres para obter o Graduado en Educación Secundaria
O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro xoves 9 de xaneiro de 2025.
O curso dará comezo o xoves dÃa 16 de xaneiro de 2025.
O Concello de Oroso abre un novo prazo de matrÃcula para un curso gratuÃto de preparación das probas libres para obter o tÃtulo de Graduado en Educación Secundaria (ESO). O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 9 de xaneiro de 2025 con un número de prazas é limitado.
O número de prazas dispoñibles será de 15. O único requisito para participar é ter 18 anos. No caso de existir maior número de solicitudes que as prazas ofertadas realizarase unha proba inicial coa finalidade de establecer un punto de partida homoxéneo para todos os alumnos e alumnas do curso.
Ao longo do curso abordaranse os temas máis salientables da educación secundaria para adultos coa finalidade de recoñecer os obxectivos principais desta etapa educativa e poder superar a proba libre que se convoca anualmente a través da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a obtención do Graduado en ESO.
As solicitudes deberán presentarse no modelo de instancia establecida polo Concello de Oroso no rexistro oficial do Concello, praza Isaac DÃaz Pardo nº 1, 15888. Sigüeiro. Oroso, ata o 9 de xaneiro de 2025.
Para máis información dirixirse á Aula de Formación de Adultos EducaOroso, emprazada no departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte s/n), nos teléfonos 981 688 950 e 981 973 927 ou no mail: educaoroso@oroso.gal
Solicitude de inscrición