Antono Leborán, un avó centenario en Oroso
O Concello de Oroso celebrou onte un acontecemento moi especial: o 100 aniversario de Antonio Leborán RodrÃguez, máis coñecido como o Zapateiro da Sionlla.
Antonio, que leva máis de 10 anos vivindo no noso municipio coa súa filla e o seu
xenro, é un exemplo de vitalidade e boa saúde. Pai de 3 fillos, avó de 7 netos e bisavó de 8 bisnetos, goza dunha vida activa e non renuncia aos pequenos praceres da vida, como un viño no Mesón Oroso, lugar que visita con frecuencia. Ademais, é un fiel seguidor do Atlético de Madrid, equipo ao que segue con gran paixón.
Dende o Concello de Oroso queremos transmitir o noso agarimo e recoñecemento a
Antonio neste dÃa tan especial, desexándolle moitos máis anos de felicidade e boa
saúde.
Un exemplo para a noso concello, Antonio representa os valores de resiliencia, alegrÃa e apego á vida que queremos destacar entre os nosos veciños. Este 100 aniversario, celebrado coa súa familia e amigos, é un motivo de orgullo para todo Oroso.
Parabéns, Antonio!