O novo aparcadoiro disuasorio na Alameda de Góis xa está operativo

Aparcadoiro Alameda de Góis

Boas novas para todos os veciños e veciñas, xa están rematadas as obras do aparcadoiro disuasorio na Alameda de Góis, e agora podedes utilizalo para deixar os vosos vehículos de forma cómoda e segura.

Un aparcadoiro con máis de 80 prazas dispoñibles, incluindo 2 prazas para persoas con mobilidade reducida e 14 prazas específicas para motos.

Una alterna sostible! Este novo espazo facilita o estacionamento e promove unha mobilidade máis respectuosa co medio ambiente.

Dende o Concello de Oroso queremos agradecer á Xunta de Galicia a súa colaboración para facer realidade esta infraestrutura, e animámosvos a aproveitar este novo servizo!

Compartir: