O Concello de Oroso esixe reforzos para o cuartel da Garda Civil de Sigüeiro

Instalacións do cuartel da Garda Civil de Sigüeiro

Dende o Concello de Oroso aprobamos unha moción instando ao Ministerio do Interior a reforzar a plantilla da Garda Civil no cuartel de Sigüeiro a petición do Grupo Municipal Popular e cos votos favorables do PP e do PSOE e ca abstención do BNG. A día de hoxe, das nove prazas teóricas asignadas, só seis están operativas, o que deixa á unidade con só catro efectivos dispoñibles para atender tres concellos cunha poboación dispersa. Isto supón unha carga de traballo excesiva para os axentes e pode afectar á rapidez de resposta en caso de incidencia.

Ademais, reclamamos tamén que se acometan as reformas necesarias na casa cuartel de Sigüeiro para solucionar as súas carencias estruturais e de habitabilidade, tras anos de falta de mantemento.

Esta demanda faise tamén no concello veciño de Frades e realizarase tamén no de Trazo, concellos no que este cuartel presta servizo conxuntamente con Oroso.

Seguimos traballando para que os nosos veciños e veciñas conten cun servizo de seguridade adecuado e eficiente.

Compartir: