Mellora nos ríos de Oroso: Traballos para previr inundacións e coidar o noso medio natural

Visita da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, acompañada polo alcalde, Alex Doval, e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández

Hoxe recibimos a visita da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, quen, acompañada polo noso alcalde, Alex Doval, e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández, supervisou os traballos de mantemento no Río Carboeiro.

A actuación abrangue un tramo de preto de 1,2 km nunha zona inundable e ten como obxectivo reducir o risco de inundacións mediante a eliminación de ramas e vexetación excesiva. Estes traballos tamén contribúen a mellorar a calidade ambiental das augas e da contorna.

O plan para Oroso conta cun investimento de 70.000 €, destinados á limpeza e conservación dos ríos do municipio. Os traballos comezaron no río Carboeiro pola súa urxencia, e continuarán no resto dos ríos, tal e como lle demandou o alcalde aos representantes do goberno autonómico, situados en zonas inundables, garantindo unha mellora sostible da nosa contorna fluvial.

Agradecemos o compromiso da Xunta de Galicia para mellorar e protexer os nosos ríos, un recurso fundamental para o benestar e a sustentabilidade do noso concello.

Compartir: