Intercambio artÃstico entre Oroso e Góis no marco do OrosoGóisArte
O pasado luns celebrouse en Braga a entrega oficial das obras seleccionadas deste proxecto de intercambio cultural entre o Concello de Oroso e o Municipio de Góis. O acto contou coa presenza da Concelleira de Cultura de Oroso, MarÃa Requejo Guillen, e a Adjunta do Gabinete de Apoio à Presidência de Góis, Paula Matos.
Agora en Oroso, poderedes ver tres destacadas obras dos artistas portugueses Geraldes da Silva, LuÃs Manuel de Aguiar Dias e Margarida Sampaio, cada un cun estilo e técnica propios que representan a diversidade artÃstica de Góis.
Do mesmo xeito, as obras dos artistas orosáns Carmela Taboada Perianes e os mozos Pedro Otero Carollo (14 anos) e Sandra Rubio Fernández (14 anos) estarán expostas en Góis, achegando tamén un pouco da nosa cultura ao municipio irmán.
¡Non perdades a oportunidade de desfrutar desta mostra única!.