Oroso entrega os composteiros domésticos á veciñanza para fomentar a compostaxe
Unha iniciativa en colaboración con SOGAMA
O Concello de Oroso informa que xa se entregaron os composteiros domésticos aos veciños e veciñas que os solicitaron. A entrega foi acompañada dunha charla formativa no Auditorio Municipal, que se celebrou este xoves, para explicar o uso e mantemento destes composteiros.
Esta actuación enmárcase dentro das polÃticas de sostibilidade do Concello de Oroso,
en liña coa colaboración continua con SOGAMA para implementar proxectos que
fomenten a reciclaxe, a redución de residuos e a conservación do medio natural.
Grazas a todas as persoas que participaron e contribúen a un Oroso máis sostible!