O Parque Comarcal de Bombeiros situarase no Cruceiro da Coruña

Alcaldes e alcaldesas asistentes a reunión no Pazo de Raxoi

Apoio unánime dos concellos para que o novo parque comarcal de bombeiros se constrúa no Cruceiro da Coruña

O alcalde de Oroso, Alex Doval, estivo presente xunto a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, na xuntanza de alcaldes e alcaldesas dos concellos implicados na comarcalización do servizo de bombeiros, convocada para explicar os avances neste proxecto.

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, presentou na reunión o anteproxecto do edificio do novo parque, que se vai situar na avenida do Cruceiro da Coruña. Todos os concellos mostraron o seu apoio a esta localización que garante unha mellor operatividade para os demais municipios implicados.

Xunto o alcalde de Oroso, Alex Doval, estiveron presentes na reunión que tivo lugar hoxe no Pazo de Raxoi os alcaldes e alcaldesas de Ames, Blas García; Teo, Lucía Calvo de la Uz; Boqueixón, Ovidio Rodeiro; Val do Dubra, Diego Díaz; Brión, Pablo Lago; e O Pino, Manuel Taboada;. O concello de Vedra estivo representado polo segundo tenente de alcalde, Enrique Vázquez. Non puido asistir a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez.

Compartir: