O Psicotroita volve a Sigüeiro o 28 de setembro

Presentación do festival co alcalde de Oroso, Alex Doval, o Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o organizador do envento, Manuel Tarrio, e a concelleira de Cultura, María Requ

Entrada de balde para un festival único na área recreativa do Paseo do Carboeiro
Música galega, estatal e internacional nun ambiente familiar e inclusivo

O Psicotroita regresa a Sigüeiro coa súa novena edición o vindeiro 28 de setembro, mantendo o seu estilo desenfadado e familiar que xa o consolidou como un referente entre os festivais da zona, cunha afluencia de máis de 1000 persoas por edición. O evento, que terá lugar na área recreativa do Paseo do Carboeiro en Sigüeiro, contará cunha ampla programación musical que abranguerá dende bandas galegas ata grupos internacionais.

O Psicotroita destaca por ser un evento pensado para o disfrute de toda a familia, onde tanto os máis pequenos como os adultos atopan o seu espazo. A música en directo será a protagonista, cun estilo pop, rock e garage, coa participación de artistas como Airbag, Rolando Bruno, KingSalami&TheCumberlandThree, Samesugas, e moitos máis. Ademais, o festival asegura un ambiente cómodo, con zonas de descanso á sombra, gastronomía variada que inclúe opcións veganas e sen glute, e espazos adecuados para mascotas.

Un dos valores fundamentais do Psicotroita é o seu respecto polo entorno natural que o rodea: unha área recreativa a carón do Río Carboeiro en Sigüeiro. O festival promove o uso de ecovasosreutilizables a un custo simbólico que se pode reembolsar, aínda que moitos asistentes optan por gardalo como recordo. A combinación de boa música e sustentabilidade converte o Psicotroita nun evento único que coida tanto do medio ambiente como dos seus asistentes.

O festival comezará ás 13:00 e prolongarase ata a 1:00 da madrugada, respectando sempre os horarios de descanso da vila. A entrada será totalmente gratuíta, consolidando o Psicotroita como unha cita imprescindible para os amantes da música e a cultura na contorna.

A presentación do cartel do festival fíxose hoxe no Paseo do Carboeiro en presencia do alcalde de Oroso, Alex Doval, e do Director Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, como patrocinador do evento.

Compartir: