O Concello de Oroso aproba os fondos do POS Adicional para investir preto de 600.000 euros
A renovación do céspede do campo de fútbol Lino Balado será unha das actuacións principais.
O casco urbano de Sigüeiro mellorará a súa pavimentación grazas a esta nova inversión.
Unha senda peonil en Vilarelle fomentará a mobilidade segura e sostible no concello
O Concello de Oroso aproba a asignación dos fondos correspondentes ao Plan de Obras e Servizos (POS) Adicional, que suporá unha importante inversión de preto de 600.000 euros. Estes fondos, que serán destinados integramente a investimento, permitirán o desenvolvemento de tres proxectos clave para o municipio, orientados a mellorar as infraestruturas e a calidade de vida da veciñanza.
En primeiro lugar, unha parte destes recursos será empregada na renovación do céspede do Campo de Fútbol Lino Balado, un espazo de gran relevancia para a actividade deportiva de Oroso, cun investimento de case 200.000€. Con esta mellora, asegúrase que tanto os xogadores como os usuarios dispoñan dun terreo de xogo en óptimas condicións, cumprindo cos estándares actuais para a práctica deportiva.
Ademais, a pavimentación da práctica totalidade do casco urbano de Sigüeiro tamén será unha realidade. Esta actuación valorada en 285.000€, fundamental para garantir unha circulación máis segura e fluÃda, contribuirá a mellorar a accesibilidade e a imaxe xeral desta zona central do concello, que experimenta un tráfico constante tanto de vehÃculos como de peóns.
Finalmente, outro dos proxectos destacados será a construción dunha senda peonil en Vilarelle. Con esta intervención de case 110.000€, facilitarase o desprazamento a pé de forma máis segura e cómoda para os residentes, ao tempo que se fomenta un estilo de vida máis saudable e sustentable.
Con estas actuacións, o Concello de Oroso reafirma o seu compromiso co benestar da súa veciñanza e o desenvolvemento, apostando por investimentos que non só melloren as infraestruturas, senón que tamén contribúan á dinamización da vida diaria no municipio.