Representantes da Xunta de Galicia visitan os centros educativos de Oroso

A Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña, Belén do Campo, xunto o Xefe Territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, o alcalde, Alex Doval, e membros do Goberno L

Hoxe a Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Provincia da Coruña, Belén do Campo, visitou en compañía do alcalde, Alex Doval, e do Xefe Territorial da Consellería de Educación, Indalecio Cabana, os centros educativos CEIP Sigüeiro, o CEIP do Camiño Inglés e o IES de Oroso, nos que se levaron a cabo varias actuacións de mellora. Os investimentos previstos nestes edificios ascenden a máis de 446.000 euros.

No CEIP do Camiño Inglés levouse a cabo a ampliación dunha nova liña de infantil dando resposta a unha demanda da comunidade educativa e dos veciños xa acordada a finais do curso pasado.

No CEIP de Sigüeiro levouse a cabo o asfaltado da rampla de acceso por un importe de 4.380 euros, obra que xa está rematada. Por outro lado tamén está contratada a reparación da cornisa do edificio por un importe de 12.302€ que se executará a próxima semana. A reforma integral do CEIP Sigüeiro comezará ca 1ª fase da reforma que será cun cambio completo da cuberta do edificio valorada en máis de 400.000€ que se licitará de forma prioritaria.

As melloras no IES de Oroso fixéronse no aparcadoiro de buses cun asfaltado completo dunha zona que estaba moi deteriorada e a reparación da cuberta do ximnasio, que presentaba deficiencias importantes en canto a filtracións de auga cun valor da intervención de máis de 21.000€.

Compartir: