InÃciase a construción dunha senda peonil entre a Esquipa e a Estación na parroquia de Trasmonte
A nova senda, cunha lonxitude de máis de medio quilómetro, suporá un investimento de 48.000 euros
Esta actuación enmárcase nunha mellora progresiva das sendas peonÃs do municipio
A senda peonil en Vilarelle, parroquia de VillarromarÃs, está á espera de permisos sectoriais para a súa execución
O Concello de Oroso vén de iniciar as obras para a
construción dunha nova senda peonil que unirá os núcleos de A Esquipa e a Estación,
na parroquia de Trasmonte. Esta nova infraestrutura, que terá unha lonxitude de algo
máis de medio quilómetro, conta cun orzamento de execución de 48.000 euros. A
actuación supón a continuación natural da senda e das beirarrúas xa existentes, co
obxectivo de mellorar a mobilidade e a seguridade dos peóns na zona e unir os
núcleos da Esquipa e a Estación.
Esta intervención enmárcase nun proxecto máis amplo de mellora e ampliación
progresiva das sendas peonÃs no municipio de Oroso. No mes de xullo levouse tamén
acabo a adecuación da senda peonil na Igrexa de Senra, que vén a reforzar o
compromiso do concello coa creación de espazos seguros e accesibles para o tránsito
peonil, xa que esta última encontrábase sen rematar con hormigón no seu último
tramo.
Ademais, cómpre salientar que o Concello de Oroso está á espera dos permisos
sectoriais necesarios para poder licitar a senda peonil en Vilarelle, na parroquia de VillarromarÃs, o que permitirá continuar co plan de mellora da mobilidade peonil en todo o termo municipal, cun orzamento de saÃda de licitación de 111.000€