Licítanse as obras para a mellora das infraestruturas do Polígono de Sigüeiro

Representantes do ZES (Zona Empresarial de Sigüeiro), o Alcalde de Oroso, Alex Doval e a Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana na reunión que tivo lugar no Concello de Oroso

As melloras realizaranse co obxectivo de mellorar os pavimentos das rúas con alto tráfico de vehículos pesados
O orzamento para esta actuación ascende a 150.000€

Oroso acometerá obras no Polígono Industrial de Sigüeiro nos seus viais a través dun proxecto de mellora das infraestruturas de parques empresariais. A actuación inclúe a pavimentación das Rúas Mesía e Curros Enríquez e a Avenida Álvaro Cunqueiro.

O proxecto de mellora ascende a 150.000€ onde, tras a reunión mantida entre representantes do ZES (Zona Empresarial de Sigüeiro), o alcalde de Oroso, Alex Doval e a Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, a Xunta de Galicia formará parte activa da mellora do polígono a través dunha liña de financiación aportando 130.000€ á actuación que se vai realizar.

Para o alcalde, Alex Doval, “a mellora dos viais do polígono era algo necesario xa que existe un gran deterioro pola fluxo diario de camións de alto tonelaxe que acceden a cargar ou descargar a súa mercancía nas naves industriais ubicadas no parque empresarial así como dotar cunha beirarrúa á avda. Álvaro Cunqueiro no seu tramo final cara o casco urbano de Sigüeiro.

Compartir: