XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa
Esta fin de semana, do 14 ao 16 de xuño de 2024, celébrase nas instalacións do Complexo Deportivo Juanito Amigo de Oroso o XXIV Torneo Ibérico de Tenis de Mesa. Nesta edición participarán 8 equipos, dos cales 4 son españois e 4 portugueses: Galicia, Castela e León, AndalucÃa e Castela a Mancha serán os representantes de España, mentres que Aveiro, Vila Real, Madeira e unha combinación de xogadores de Portugal, Serán os 4 equipos de Portugal.
Algúns dos mellores xogadores sub13 do mundo daranse cita nesta edición, non en balde, contaremos con varios xogadores que participaron no recente Campionato de Europa sub13 de Bucarest (RomanÃa) e que están entre os mellores xogadores do mundo da súa categorÃa. Nomes destacados no máis alto do ranking mundial sub13 como a local Sasha Malov, o madeirense Rodrigo Andrade, Mateo Lois ou José Ruivo na categorÃa masculina e Irina Silva (Madeira), Esther Hasek (Burgos), Maria Ruivo (Mirandela) ou Teresa Carrasco (A Coruña) serán as participantes con maior ranking mundial no apartado feminino.
Unha oportunidade única para gozar das mellores promesas do tenis de mesa mundial en Oroso, nunha prestixiosa competición que xa ten a súa XXIV edición. A selección galega tentará revalidar o tÃtulo conseguido na pasada edición en Fátima tanto na proba masculina por equipos como na individual masculina.
A competición comezará o venres ás 18.00 horas, e prolongarase durante todo o sábado, estando prevista a entrega de trofeos para o domingo 16 de xuño ás 13.30 horas.