Oroso aproba os seus orzamentos cun claro enfoque no gasto social e na conciliación familiar.

Pleno do Concello de Oroso.

Son os primeiros orzamentos do novo goberno local de Alex Doval enfocados á creación de emprego
Dedícanse 1.7 millóns de euros a investimentos repartidos en 37 actuacións diferentes
Os orzamentos instauran as axudas ás comisións de festas

O Concello de Oroso ven de aprobar o Orzamento Municipal para o ano 2024 este luns día 13, cun claro enfoque no gasto social e na conciliación familiar. Este orzamento, que ascende a un total de 8.7 millóns de euros, prioriza o benestar dos nosos maiores e nenos, destinando unha partida de 800.000 € para o Servizo de Axuda no Fogar e 120.000 € para o programa Concilia da Xunta de Galicia.

Ademais, este orzamento contempla un total de 37 actuacións de investimento, que suman máis de 1.7 millóns de euros. Estas actuacións están centradas na creación de postos de traballo, con 4 postos polo PEL, 2 polo Aprol Rural e 2 para vítimas de violencia de xénero financiadas pola Xunta de Galicia. Ademais, haberá 2 Obradoiros de Emprego que permitirán formar a 9 desempregados do municipio.

Outra novidade deste orzamento é a posta en marcha dun programa de axudas para as Comisións de Festas, co fin de promover a igualdade e a flexibilidade nos gastos. Este programa será igualitario para todas as comisións, e serán elas as que decidirán en que gastar as axudas recibidas.

En resumo, o Orzamento Municipal de Oroso para o ano 2024 é un presuposto realista e axustado ao contexto e posibilidades do municipio, que prioriza o gasto social e a creación de emprego, buscando sempre o benestar e o progreso.

Os orzamentos aprobánse coa mayoría absoluta que dispón o Partido Popular, tanto o Grupo Socialista como o do BNG votaron en contra.

Compartir: