Oroso aprobará os seus orzamentos o próximo luns

Orzamentos Concello de Oroso 2024

Son os primeiros orzamentos do novo goberno local de Alex Doval enfocados á creación de emprego
Dedícanse 1.7 millóns de euros a investimentos repartidos en 37 actuacións diferentes
Os orzamentos instauran as axudas ás comisións de festas

Oroso aprobará os seus orzamentos o próximo día 13 de maio, os primeiros do novo goberno local que saíu elixido nas pasadas eleccións.

O orzamento presenta récord na partida de ingresos principalmente por dúas cuestións: a consecución de varias subvencións e liñas de financiamento por parte de outras administracións públicas, especialmente a Xunta de Galicia, e con fin da bonificación do IBI que tiña a AP-9 ao seu paso por Oroso que significa un ingreso por parte de esta infraestrutura de preto de 264.000 euros. O alcalde, Alex Doval, quere agradecer ao alcalde de Abegondo, Jose Antonio Santiso Miramontes, que “foi o que fixo posible cas suas xestións o fin da bonificación da autopista e o aumento da recaudación dos concellos”

A liña fundamental dos orzamentos vai dirixida ao emprego, fomentando a contratación de 25 persoas a través de plans de emprego como o PEL ou plans como o APROL, Obradoiros de Emprego ou contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero a través da Xunta de Galicia, algo que facía anos que non se solicitaba dende os gobernos locais anteriores. Doval indica que “a maior política social é a do emprego e se somos capaces de incorporar este número de xente que ademais vai mellorar os servizos públicos que se fan dende o concello, estaremos na boa dirección tanto en política social como en funcionamento e xestión dende o concello”

Outra liña dos orzamentos de este ano será o aumento en inversión social aumentando os programas de conciliación e o gasto adicado ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que o seu estudo económico valora o servizo en máis de 800.000 euros.

Co novo goberno ponse en marcha, por outra banda, o programa de financiación ás comisións de festas, unhas subvencións que permitiran, de maneira igualitaria, ás comisións empregar ditos fondos a aquelo que consideren necesario.

No capítulo de investimentos cóntanse ata 37 actuacións proxectadas cun investimento próximo aos 1.7 millóns de euros, algunhas pendentes de informes sectoriais para continuar coa licitación e empezar coas actuacións. Por outra banda o Plan de Inversións do concello referente ao ano 2024 conta cun investimento total que elevaría a cuantía a 2.5 millóns de euros pendentes de asignar os fondos correspondentes co remanente a do POS complementario.

Compartir: