O Concello de Oroso pon a disposición dos máis novos, entradas gratuitas para as atraccións da Festa da Troita
A rapazada de 0 a 16 anos, poderá retirar ata 3 entradas por persoa.
Boas noticias para os máis novos do Concello de Oroso para a Festa da Troita. O Concello pon a súa disposición tres entradas gratuitas para as atraccións instaladas durante os dÃas da Festa da Troita, dende venres ata o domingo.
As entradas, destinadas a rapaces e rapazas de 0 a 16 anos, deberanse retirar entre o martes 7 e o mércores 8 de maio na Casa do Concello entre ás 9:00 e ás 13:30 horas da mañá, e de 17:00 ás 19:00 horas, pola tarde. Serán entregadas ata esgotar as existencias.
Estes son os requisitos para retirar as entradas:
- Estar empadroado/a no concello
- Presentar o DNI e libro de familia
¡Non perdas esta oportunidade de gozar da festa ao máximo!