O Concello de Oroso anuncia que os estudantes do IES de Oroso darán o pregón da Festa da Troita
A selección fÃxose tras unha participación de varios grupos de rapaces de terceiro da ESO.
O Concello de Oroso comprace en anunciar que os estudantes do Instituto de Educación Secundaria (IES) de Oroso foron seleccionado para dar o pregón da próxima Festa da Troita que será a XXVI edición. Tras un proceso de selección moi reñido, varios grupos de alumnos de terceiro da ESO demostraron a súa creatividade, paixón e compromiso, competindo pola oportunidade de dirixirse aos asistentes neste evento emblemático.
A Festa da Troita é un evento anual que celebra a tradición e a cultura local en Oroso. Este ano, o Concello de Oroso agradece de que sexan os mozos talentosos do IES de Oroso que den inicio a estas festividades.
O pregón, que será o domingo da Festa da Troita sobre as 13:30, será unha ocasión
para que os estudantes compartan a súa visión, experiencias e entusiasmo cos asistentes.