Acometense melloras na rede de alumeado público e de eficiencia enerxética en Porto Avieira

O alcalde, Alex Doval, revisando as obras de mellora na rede eléctrica

A actuación realizase dúas fases cun total de case 200.000€ de investimento.

O proxecto céntrase en mellorar a eficiencia enerxética, a seguridade da disposición do alumeado público e integralas paisaxísticamente de forma adecuada.

Forma parte de unha folla de ruta a seguir polo goberno local para mellorar o conxunto da urbanización.

O Concello de Oroso comeza as obras de mellora do alumeado público e a súa eficiencia enerxética na urbanización Porto Avieira.

As melloras acometeranse en toda a urbanización, incluíndo: a Rúa Ramon Cabanillas, Rúa Eduardo Blanco Amor, Rúa Maruxa Mallo, Rúa Fernández del Riego, Rúa María Casares e a Rúa Castelao.

O proxecto, divido en dúas fases, consta dun investimento total de 180.000€ a través dos fondos do POS do ano 2022 para acometer estas melloras. Está actuación da o comezo a unha serie de melloras que están por vir nesta urbanización como a mellora do firme dos accesos a mesma ou na pista deportiva que se encontra no acceso á urbanización.

O obxectivo desta actuación e mellorar a calidade do alumeado público, habendo algúns lugares moi escurecidos, ampliar a seguridade da instalación e a súa eficiencia enerxética, reposición do cable en mal estado que está a producir cortes de luz así como lograr unha integración co entorno.

Compartir: