Incorpórase a nova traballadora social no Centro de Saúde de Oroso e comezan as obras para a mellora das instalacións
A nova profesional ven a aumentar a plantilla destinada aos Servicios Sociais
A súa función desenvolverase no Centro de Saúde en coordinación cos Servicios Sociais do concello
En paralelo comezan as obras de mellora nas instalacións do centro de saúde
O Centro de Saúde de Oroso incorpora unha traballadora social para mellorar e axilizar as tarefas en Servicios Sociais. As principais áreas de intervención da traballadora social son: atención á infancia e a adolescencia, atención a persoas maiores, atención a persoas con discapacidade, atención a persoas en situación de vulnerabilidade e exclusión social, e promoción da igualdade e a inclusión social.
O departamento de Servicios Sociais en Oroso xa mantivo a primeira reunión de traballo entre o concello e o centro de saúde para coordinar a atención de servicios sociais.
Por outro lado no propio centro de saúde empezaron unha serie de obras co obxectivo de adecuar as instalacións mellorando a accesibilidade coa instalación de portas automáticas nos accesos, posta en marcha dos recuperadores existentes para evitar a saída do aire quente ao exterior, mellorando o confort no interior do edificio así como reparar e tratar o revestimento de madeira nos patios interiores.
O alcalde, Alex Doval, apunta que “grazas a esta nova incorporación a calidade do servicio que prestan estes profesionais vese aumentado e esperamos que poidamos seguir mellorando paulatinamente cada un dos servizos públicos e mostrase agradecido á Xerencia da Área Sanitaria por atender as demandas do concello en relación ao centro de saúde”.