Teo Fraga, veciño de Deixebre, proclámase campión galego de natación

Teo Fraga Visos

O noso veciño de Deixebre, Teo Fraga Visos, e nadador Junior do Club Natación Cidade de Santiago proclamouse o pasado sábado 30 de decembro Campión galego de natación nos 400 metros estilos.

O nadador orosino disputou entre o xoves 28 e o sábado 30 de decembro na piscina de Frigsa en Lugo o Campionato Galego Junior e Absoluto de inverno, acadando ademais o subcampionato nos 200 metros estilos, un terceiro posto nos 200 metros costas e un 4° posto nos 400 libres.

Parabéns Teo!

Compartir: