O Concello de Oroso pon en marcha o Programa "HarmonÃa Familiar"
Dende a ConcellarÃa de Servizos Sociais do Concello de Oroso poñemos en marcha o Programa "HarmonÃa Familiar", un programa que busca promover cambios positivos nas relacións familiares implicando a nais, pais e fillos.
A adolescencia supón un desafÃo para as familias por iso dende o Concello queremos acompañarvos e facilitarvos ferramentas para mellorar as competencias parentais e as habilidades sociais dos nenos, nenas e adolescentes.
As persoas destinatarias son familias con menores a cargo con idades comprendidas entre os 11 e os 14 anos.
A duración do programa será de 6 sesións que se celebrarán unha vez á semana e cunha duración de 2 horas.
O periodo de inscrición finaliza o 30 de novembro.
Para máis información sobre a actividade, accede o departamento de servizos sociais da web do concello ou contacta cos servizos sociais do Concello.