A Xunta inicia os traballos de renovación completa das fachadas da Escola Infantil Pública de Oroso
A Xunta de Galicia iniciou recentemente os traballos de mellora na escola infantil de Oroso, que se centran na reforma completa das fachadas deste centro pertencente á rede pública autonómica e nos que se investirán preto de 22.000 euros. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto RodrÃguez, visitou o centro acompañado do alcalde, Alex Doval.
En concreto, na escola de lévanse a cabo obras de impermeabilización e pintado das súas fachadas exteriores, que financia directamente o ente autonómico. Con esta intervención garántese a máxima protección da infraestrutura para evitar humidades e posibles filtracións.