Localización: Auditorio Centro Cultural
Nanai da China
Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana dende que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non, e axudar ao seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron.
Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar a partir de 5 anos da compañía Pérez & Fernández, onde os títeres e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.