Inscrición - Reserva
Localización: Valgrande-Pajares (Asturias)
Campaña Neve 2024
Os mozos de entre 11 e 15 anos dos concellos de Oroso poderán gozar dunha estancia na estación de esquí de Valgrande-Pajares (Asturias). Inclúe transporte, estadía e manutención, clases de esquí, seguros, material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades. A quenda para a rapazada de Oroso será a quinta: do 9 ao 12 de febreiro de 2024 e hai 7 prazas dispoñibles. O prazo de inscrición remata o venres, 1 de decembro, e a solicitude poderá cursarse presencialmente no Concello ou na sede electrónica. Se o número de solicitudes superao ao de prazas ofertadas, realizarase un sorteo o día 11 ás 13:30h no concello, tendo preferencia os que nunca participarion noutras campañas, para a adxudicación das prazas.