Xogos Ecuestres 2026
Información:
  • 12-09-2026
  • 12:00 - 23:59
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Xogos Ecuestres 2026

DataSábado 12 de setembro

LugarClub Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso
Piñeirón 23, A Gándara

Reserva Churrascada630 017 268



O vindeiro sábado 12 de setembro, Piñeirón acolle unha nova edición dos Xogos Ecuestres de Oroso, unha xornada aberta á veciñanza para desfrutar dos cabalos, da música, da gastronomía e dun ambiente de festa durante todo o día. Un día diferente para achegarse ao mundo ecuestre e desfrutar en familia ou con amigos dunha programación que se prolongará ata a noite.



Programación das actividades

  • 12:00 h: Inicio da xornada.
  • Exhibicións de doma clásica, Alta Escola, Horse Fantasie e outras demostracións ecuestres.
  • Churrascada para compartir. (As persoas que queiran participar deberán anotarse previamente no 630 017 268).
  • Potro mecánico e diversión para os máis pequenos.
  • Concerto en directo de MISURIA, con blues americano.
  • Pola noite, sesión con DJ Rubén Hierba Buena.


Compartir: