Escola Infantil Tambre Golf & Croquet
Comeza en:
Información:
  • 01-10-2026 a 30-05-2027
  • 10:30 - 18:30
  • Todos os públicos
  • 30.00
Inscrición - Reserva

Localización: Tambre Golf & Croquet

Escola Infantil Tambre Golf & Croquet

Tambre Golf & Croquet, en colaboración co Concello de Oroso, pon en marcha unha nova proposta deportiva dirixida aos máis pequenos, para que poidan descubrir e aprender golf, Pitch & Putt e croquet nun ambiente divertido, seguro e adaptado á súa idade e nivel.

A actividade busca fomentar desde pequenos o deporte, os hábitos de vida saudables, o compañeirismo e o contacto coa natureza.

  • Golf, Pitch & Putt e croquet
  • Grupos reducidos organizados por idade e nivel
  • Material de práctica incluído
  • Sesións adaptadas ao nivel das persoas participantes


ActividadeGolf, Pitch & Putt e croquet

TempadaDe outubro a maio

PromociónSegunda quincena de setembro gratuíta



Horarios

  • Venres: de 17:00 a 18:30 h.
  • Sábados: de 10:30 a 12:00 h.
  • Sábados: de 12:00 a 13:30 h.


Tarifas mensuais

  • Abonados/as e socios/as: 30 €.
  • Non abonados/as / externos/as: 40 €.
  • 50 % de desconto para o segundo irmán ou irmá.


Promoción de benvida: a segunda quincena de setembro será gratuíta, con sesións de proba sen compromiso.

Unha nova alternativa para que os máis pequenos se acheguen ao deporte e á natureza, aprendendo golf, Pitch & Putt e croquet dun xeito divertido e compartido.

Compartir: