Torneo Internacional de Beisbol
Información:
  • 22-08-2026 a 23-08-2026
  • 16:00 - 21:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Torneo Internacional de Beisbol

Os días 22 e 23 de agosto, o Campo Municipal de Béisbol de Sigüeiro acollerá unha fin de semana de deporte coa celebración dun Torneo Internacional de Béisbol, que reunirá equipos de Galicia, Asturias e Portugal.

Equipos participantes

E o sábado pola tarde, ademais da competición, poderemos gozar dun dos momentos máis espectaculares da xornada:

HOME RUN DERBY

Un espectacular concurso de bateo no que os participantes demostrarán a súa potencia e buscarán enviar o maior número posible de pelotas máis alá dos límites do campo.

Unha fin de semana para gozar en familia

Esta cita deportiva supón unha boa oportunidade para achegarse ao Campo Municipal de Béisbol de Sigüeiro, coñecer máis de preto este deporte e gozar en familia dunha competición diferente, coa presenza de equipos procedentes de distintos territorios.

Compartir: