Inscrición - Reserva
Localización: Portomarín
Campamento Xuvenil en Portomarín
O Campamento Xuvenil está destinado a nenos e nenas de 9 a 16 anos de idade e terá lugar en Portomarín (Lugo), do 21 ao 28 de agosto.
Durante o campamento realizaranse actividades acuáticas fluviais, xogos de aventura, piscina, escape room e outras actividades de convivencia, lecer e natureza.
DatasDo 21 ao 28 de agosto
InscriciónDo 13 ao 20 de xullo
no Rexistro Xeral do Concello
Folla de inscriciónDescargar
Documentación a presentar coa inscrición
- Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
- DNI das persoas titoras.
- DNI doutra persoa ou persoas autorizadas para a recollida, se é o caso.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Autorización sobre tratamento de datos.
- Informe médico en caso de alerxias, intolerancias ou tratamento farmacolóxico que se lle deba administrar.
- Anexos e autorizacións incluídos na documentación da inscrición, se é o caso.
As prazas son limitadas a 50 participantes e adxudicaranse por orde de inscrición ata completar o aforo, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello.
As familias recibirán toda a información relativa ao funcionamento do campamento, horarios, material necesario e canles de comunicación antes do inicio da actividade.













