Inscrición - Reserva
Localización: Concello de Oroso
Campamento de Verán Hochey Oroso
O Campamento de Verán Hockey Oroso celebrarase durante dúas quendas no mes de xullo, ofrecendo aos nenos e nenas a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do hóckey nun ambiente divertido, deportivo e educativo. Ao longo das xornadas, os participantes realizarán adestramentos técnicos, xogos, actividades de grupo e dinámicas orientadas á mellora das súas habilidades deportivas e á convivencia entre compañeiros.
Datas1ª semana: do 6 ao 10 de xullo
2ª semana: do 13 ao 17 de xullo
DirixidoXogadores/as e porteiros/as dende os 3 anos
InscriciónFormulario inscrición
- Adestramentos e actividades de hóckey
- Material deportivo prestado pola organización
- Camiseta de agasallo para os participantes
- Actividades lúdicas e de convivencia
Prezos
- 1 semana socios/as do club: 55€ (2º irmán: 50€)
- 1 semana non socios/as: 65€ (2º irmán: 60€)
- 2 semanas socios/as do club: 105€ (2º irmán: 95€)
- 2 semanas non socios/as: 125€ (2º irmán: 115€)
O campamento desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas e está pensado para que os participantes melloren as súas capacidades técnicas e tácticas no hóckey ao tempo que desfrutan dun verán activo e divertido. A actividade está aberta tanto a xogadores/as como a porteiros/as e non é necesario dispoñer de material propio, xa que a organización facilitará o necesario para a práctica deportiva.
As inscricións permanecerán abertas ata o 30 de xuño. As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través dos seguintes medios:
- WhatsApp / Teléfono: 657 320 816
- Instagram: @hockey_oroso
- Correo electrónico: orosohockey@gmail.com













