Inscrición - Reserva
Localización: Complexo deportivo Juanito Amigo
Clinic FGTM Verán 2026
Un ano máis, a FGTM ofrece o seu Clinic intensivo de verán para que aqueles xogadores e xogadoras que o desexen poidan aumentar o seu nivel de xogo aproveitando ó máximo as vacacións estivais.
No mes de agosto, realizaránse dúas quendas de 5 dias (luns a venres) con doble sesión de adestramento diaria, preparación física, adestramento de servicio e restos, e diversas actividades lúdicas no tempo libre.
Semana 1: do 3 ao 7 de agosto
Semana 2: do 10 ao 14 de agosto
Inscricións
Para a quenda da semana 1: antes do 27 de xuño de 2026 ás 14:00 horas.Para a quenda da semana 2: antes do 3 de agosto de 2026 ás 14:00 horas.
As prazas cubriranse por estricto orde de inscrición ata cubrir o máximo permitido.
Podes realizar a inscrición a través do enlace https://forms.gle/AmHReWHJsD7Ko1GS9
Material necesario
- Raqueta de tenis de mesa
- Toalla para tenis de mesa
- Roupa cómoda e deportiva para os adestramentos
- Calzado específico de tenis de mesa para uso exclusivo na sala (non permitido no exterior)
- Calzado deportivo para actividades ao aire libre
- Botella de auga reutilizable
- Bañador e gorro de piscina
- Toalla de ducha e/ou piscina
- Neceser con útiles de aseo persoal
- Chanclas
- Moitas ganas de pasalo ben e mellorar o teu nivel
Consulta o tríptico infomrativo do Clinic












