Certame OrosoGóisArte 2026
Información:
  • 15-06-2026 a 26-06-2026
  • 09:00 - 14:00
  • Artistas nados ou residentes en Oroso
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Concello de Oroso

Certame OrosoGóisArte 2026

O Concello de Oroso, a través da Concellería de Cultura, organiza o Certame OrosoGóisArte 2026 co desexo de promover as artes plásticas entre a veciñanza e, especialmente, como apoio a artistas novos locais.

Destinatarios Artistas plásticos nados ou residentes en Oroso

Inscrición Folla inscrición

Prazo de inscrición Do 15 ao 26 de xuño de 2026


Exposicións

GÓIS
do 10 ao 31 de xullo
OROSO
do 11 ao 30 de setembro

Temática das Obras

“Auga e lume” é unha reflexión sensorial sobre a tensión e a harmonía entre dous elementos opostos e complementarios. A auga representa o silencio, a fluidez e a continuidade; o lume simboliza o impulso, a transformación e a intensidade do cambio. Neste diálogo artístico, o contraste convértese en linguaxe, entre o que calma e o que esperta, o que permanece e o que transforma.


Modalidades

  • Pintura: mínimo 50 cm e máximo 1 m, montado con marco ou listón.
  • Fotografía: enmarcada, mínimo 50 cm e máximo 1 m.
  • Escultura: altura máxima de 1 m (sen peana).
  • Debuxo: enmarcado, mínimo 50 cm e máximo 1 m.


Recepción das obras

  • Envío da ficha de inscrición e fotografía dixital (15x20 cm, 300 ppp) a biblioteca@oroso.gal.
  • Prazo: do 15 ao 26 de xuño de 2026.
  • Entrega física no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa.
  • Horario: de 9:00 a 14:00 h.


Información

  • Técnicas libres: pintura, fotografía, escultura e debuxo.
  • Cada artista poderá presentar unha única obra orixinal por modalidade.
  • Permítese á organización a publicación de imaxes das obras presentadas.
  • As obras poderán ser retiradas no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa unha vez rematada a exposición.


Consultar as bases do certame.

Compartir: