Intercambio Cultural Xuvenil en Góis
Información:
  • 06-07-2026 a 12-07-2026
  • 00:00 - 00:00
  • de 15 a 20 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Municipio de Góis

Intercambio Cultural Xuvenil en Góis

O Concello de Oroso a través da Concellería de Cultura organiza un intercambio cultural co fin de ofrecer á xuventude a posibilidade de viaxar, coñecer outras culturas, unha primeira aproximación ao portugués, compartir ideas e inquietudes con mozos/as de Góis.

Destinatarios

O intercambio está dirixido a mozos/as con idades comprendidas entre 15 e os 20 anos, nacidos entre os anos 2005 e 2009. Terán preferencia os empadroados no Concello de Oroso.

Datas e lugar de realización

O intercambio desenvolverase do 6 ao 12 de xullo no Municipio de Góis.

Sistema de participación

  • A solicitude de inscrición farase do 15 ao 19 de xuño no rexistro do Concello de Oroso de 9:00h. a 13:30h. ou a través da sede electrónica.
  • A adxudicación de prazas será por orde de presentación ata completar as 15 dispoñibles.


Solicitudes

A documentación necesaria para realizar a inscrición será:
  • Formulario de inscrición debidamente cumplimentado
  • Fotocopia do DNI
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria europea
  • Autorización no caso dos menores de idade
  • Autorización para a realización e uso de fotografías e vídeos
  • En caso de intolerancias e/ou alerxías, informe médico


Normas e obrigas dos participantes

  • Respetar ós monitores e compañeiros así como as normas de convivencia
  • Asistencia e puntalidade nas reunións
  • Participación e colaboración nas actividades propostas polos organizadores


Documentos

Solicitude de inscrición intercambio
Autorización de participación, desprazamento e uso de imaxe.

Bases

Bases para a inscrición no intercambio cultural


Compartir: