Campus Biciescola Oroso CC
Comeza en:
Información:
  • 06-07-2026 a 10-07-2026
  • 09:00 - 13:00
  • De 8 a 14 anos
  • 60.00
Inscrición - Reserva

Localización: Concello de Oroso

Campus Biciescola Oroso CC

O Campus Biciescola do Oroso Club Ciclista celebrarase do 6 ao 10 de xullo no Parque do Carboeiro, ofrecendo aos nenos e nenas unha oportunidade para desfrutar da bicicleta nun ambiente lúdico e educativo. Durante cinco xornadas, os participantes combinarán actividades formativas, xogos e saídas en bicicleta por algúns dos roteiros máis emblemáticos da contorna, como o Camiño Inglés, a Vía Verde e o Refuxio.

Datasdo 6 ao 10 de xullo

DirixidoNenos e nenas de 8 a 14 anos

InscriciónWhatsApp ou TeléfonoPRAZAS LIMITADAS

Requisitos e material obrigatorio

  • Saber andar en bicicleta de forma autónoma
  • Bicicleta de montaña en bo estado
  • Casco homologado
  • Bidón ou mochila de auga


Prezos

  • Socios Bici Escola: 60€ + seguro
  • Non socios: 75 + seguro


A actividade desenvolverase en horario de 9:00 a 13:00 horas e ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva, a convivencia e o coñecemento do patrimonio natural do municipio. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden obter máis información e realizar a súa inscrición a través do teléfono ou WhatsApp 639 159 750 ata o 31 de xuño.

Compartir: