III Maratón Teatral Concello de Oroso
Información:
  • 07-06-2026
  • 12:00 - 19:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

III Maratón Teatral Concello de Oroso

O Concello de Oroso e a compañaía Galeatro en colaboración coa ANPA Carboeiro, organizan o III Maratón Teatral do Concello de Oroso que terá lugar o vindeiro domingo 7 de xuño a partir das 12:00 horas no Auditorio Municipal de Sigüeiro.

Un total de tres grupos teatrais, dos cales dous son do Concello, encharán a tarde do domingo de aventuras, contos, alegrías, tristezas, desaires,... e moita, moita ilusión.

Programación

  • 12:00 - "Naga, a Dragoa" do CEIP Plurilíngüe do Camiño Inglés
  • 13:00 - "O anel máxico" da Escola de teatro APA As Mariñas
  • 17:00 - "Ben a mal" da Escola de teatro de Oroso
  • 18:00 - "Wanna be" da Escola de teatro APA As Mariñas


A entrada será libre ata completar o aforo.

Compartir: