Localización: Andaina PSM
Programa “De Preto”
Programa de atención psicoeducativa en saúde mental
O Concello de Oroso informa da posta en marcha do programa “De Preto”, unha iniciativa impulsada por Andaina Pro Saúde Mental destinada a ofrecer unha atención próxima, continuada e adaptada ás necesidades das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias no ámbito rural.
Andaina Pro Saúde Mental é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2010 co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, especialmente nas contornas rurais da área de Santiago de Compostela e A Barbanza. A entidade traballa desde un modelo de atención integral centrado na autonomía persoal, o acompañamento social e a inclusión comunitaria.
A quen vai dirixido?
O programa está orientado a:
- Persoas maiores.
- Persoas con problemas de saúde mental crónicos.
- Persoas con dificultades a nivel persoal, social, educativo, laboral ou comunitario.
- Familias e persoas achegadas que precisen apoio e orientación.
Que servizos ofrece?
O programa “De Preto” proporciona unha atención individualizada e adaptada á realidade de cada persoa, incluíndo:
- Atención presencial e telefónica.
- Apoio e atención sociofamiliar.
- Acompañamento sociocomunitario.
- Visitas puntuais e seguimento continuado.
- Apoio no propio domicilio e na contorna habitual da persoa.
Esta intervención busca achegar os recursos psicosociais ao entorno máis próximo das persoas usuarias, favorecendo a súa autonomía, participación social e benestar emocional.
Cobertura do servizo
O programa desenvólvese na Mancomunidade de Ordes e na comarca de Ulla-Sar, ofrecendo atención periódica e continuada ás persoas participantes.
Contacto e información
As persoas interesadas poden solicitar máis información a través dos seguintes medios:
Ordes 613 071 703 / 981 076 405
Dodro 650 270 824 / 981 802 078
Máis información en: www.andainapsm.org ou educacionsocial@andainapsm.org













