Inscrición - Reserva
Localización: Portugal
Excursión a Portugal
O Concello de Oroso e o Concello de Frades organizan unha excursión de 3 días a Portugal (Lisboa - Buddha Eden - Óbidos e Nazaré), que terá lugar do 17 ao 19 de abril de 2026.
- Anotacións do 9 ao 31 de marzo no Concello (981 69 14 78). O número de asento no bus outorgarase por orde de inscrición (terán preferencia as persoas empadroadas en Oroso e Frades). As prazas son limitadas e serán necesarias 50 persoas para realizar a excursión.
-
Prezo: 330 € en habitación dobre, ou 400 € en habitación individual.
O pago realizarase unha vez confirmada a excursión ao finalizar o prazo de anotacións a empresa organizadora (Excursións Miranda).
Programa













