XII Carreira Pedestre Concello de Oroso
Comeza en:
Información:
  • 29-03-2026
  • 10:00 - 14:00
  • Todos os públicos
  • 7.00
Inscrición - Reserva

Localización: Sigüeiro

XII Carreira Pedestre Concello de Oroso

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición na duodécima edición da Carreira Pedestre “Concello de Oroso”, que terá lugar o domingo 29 de marzo ás 10:00 horas cun percorrido de 10 km.

Unha proba que será a súa vez XVIII Campionato Xunta de Galicia de 5 Km Absoluto – Sub18 – Sub20 – Sub 23 – Máster 2026.

Data29 de marzo ás 10:00 horas

Prazo Inscrición25 de marzo ás 23:59 horas

Regulamentodescargar



Categorias

Proba Categoría Idade Hora Distancia
Absoluta Sub23 Nados/as 2004-2010 10:00 10.000 m.
Absoluta Senior Nados/as 1991-2003 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 1 Nados/as 1980-1990 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 2 Nados/as 1970-1979 10:00 10.000 m.
Absoluta Máster 3 Nados/as 1969 e anteriores 10:00 10.000 m.
Escolar Sub-6 Nados/as 2021 e posteriores 13:10 300 m.
Escolar Sub-8 Nados/as 2019-2020 13:00 300 m.
Escolar Sub-10 Nados/as 2017-2018 12:15 1.000 m.
Escolar Sub-12 Nados/as 2015-2016 12:15 1.000 m.
Escolar Sub-14 Nados/as 2013-2014 12:30 2.000 m.
Escolar Sub-16 Nados/as 2011-2012 12:45 3.000 m.
Escolar Sub-18 Nados/as 2009-2010 12:45 3.000 m.


Información xeral

As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro (Oroso). A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. As probas de 10 km e 5 km (Campionato Galego) estarán homologadas pola Real Federación Española de Atletismo e, polo tanto, pasarán a formar parte do ranking galego e nacional da distancia.

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. Para participar no Campionato Xunta de Galicia de 5 Km en Ruta deberán estar en posesión da licencia federativa en vigor. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Recollida de dorsais

Os dorsais poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 28 de marzo de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba (29 de marzo) os dorsais recolleranse na Cafetería da Piscina, na Rúa Camiño Inglés. Haberá un prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.

Compartir: