Carreira e Andaina Solidaria Gatocan Oroso
Comeza en:
Información:
  • 28-02-2026
  • 11:00 - 14:00
  • Todos os públicos
  • 7.00
Inscrición - Reserva

Carreira e Andaina Solidaria Gatocan Oroso

A asociación Gatocan Oroso organiza o sábado 28 de febreiro de 2026, ás 11:00 horas, a I edición “CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA GATOCAN OROSO”, en beneficio de todos os animais custodiados pola asociación.
A saída e chegada serán na Rúa Trazo, 2, Polígono de Sigüeiro (ubicación da asociación).
A hora da saída da Carreira será ás 11:00, cun percorrido circular de aproximadamente 5 km. Ás 11:05 dará comezo a Andaina, co mesmo percorrido.

Data28 de febreiro ás 11:00 horas

Prazo Inscrición22 de febreiro ás 23:59 horas



Modalidades

Carreira 5K
Andaina 5 km
Andaina - 6 anos

Información e inscrición

A inscrición da Carreira pódese formalizar a través da páxina “carreirasgalegas.com” e no código QR que aparece no cartel da proba deportiva. Estas inscricións pecharanse o 22 de febreiro ás 23:59.
A inscrición da Andaina poderase formalizar a través da páxina “carreirasgalegas.com”, no código QR que aparece no cartel da proba deportiva ou o mesmo día do evento (de 9:00 a 10:30) na zona de saída.
Haberá un DORSAL SOLIDARIO para que todas as persoas que non poidan participar no evento poidan contribuír cunha achega económica, de dúas maneiras:
- A través da pasarela de inscrición «carreirasgalegas.com» e do código QR que aparece no cartel da proba deportiva.
- Na conta da asociación Gatocan Oroso, cuxo número é: ES72 2100 7996 4402 0014 2206

Os beneficios do recadado irán destinados ao financiamento dos gastos derivados do coidado e mantemento de todos os animais recollidos e custodiados pola asociación nas súas instalacións, así como das colonias felinas situadas no Concello de Oroso. Ademais de fomentar a adopción, dar a coñecer a asociación e apoiar as labores que leva a cabo.

Recollida de dorsais

Terá lugar os días 25, 26 e 27 de febrero, no Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro de Oroso (Rúa Pablo Iglesias, 2, Sigüeiro) de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:30
O día 28 de febreiro na zona de saída (Rúa Trazo, 2, Polígono de Sigüeiro) en horario de 9:00 a 10:30.

Compartir: