Localización: Concello de Oroso
Recollida de xoguetes
O Concello de Oroso pon en marcha unha nova edición da súa campaña solidaria de Nadal para a recollida de xoguetes novos, dirixida a familias en situación de vulnerabilidade con menores ao seu cargo.
Datasdo 2 ao 15 de decembro
Punto de recollidaConcello de Oroso
de 9:00 a 13:30 horas
InformaciónServizos Sociais
981 688 950
Como podes colaborar?
Se desexas participar, podes entregar xoguetes ou libros en bo estado, preferentemente novos, no Concello de Oroso en horario de 9:00 a 13:30h.A túa colaboración permitirá que moitos nenos e nenas de Oroso poidan gozar dun Nadal máis especial. Facemos un chamamento á solidariedade de veciños, veciñas, comercios e empresas.
O reparto dos xoguetes será realizado de forma confidencial e co máximo coidado, para garantir que cheguen a quen máis os necesita e protexendo en todo momento a intimidade das familias beneficiarias.
Para máis información, non dubides en contactar cos Servizos Sociais nos teléfonos 981 688 950, 696 783 245 ou 639 465 272.
Entre todos, facemos posible un Nadal máis solidario en Oroso.













