Inscrición - Reserva
Localización: Centro Cultural
Obradoiro de Coroas de Nadal
O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición para o Obradoiro de Coroas de Nadal dende o 1 de decembro ata cubrir prazas.
Grupos e horario
Grupo 1: Xoves 11 de 17 a 19 horas
Grupo 2: Venres 12 de 17 a 19 horas
O obradoiro é gratuito e está destinado a persoas maiores de 14 anos.
As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no concello.
As inscricións deberán presentarse no Rexistro do Concello de forma presencial ou electrónica a través da Sede.













