Localización: Carpa pavillón deportivo
Ruada de Outono
O sábado 1 de novembro celebraremos en Oroso a "Ruada de Outono" organizada polo Concello de Oroso e as Asociacións Culturais locais.
Acércate ás 19:00 horas á carpa instalada fronte o pavillón polideportivo Juanito Amigo Ferreiro para gozar dunha xornada do mellor folclore, tradición e sabor do outono en Oroso.
Haberá castañas para todos!













