Inscrición - Reserva
Localización: EducaOroso
Ofimática con LibreOffice
A Aula CeMIT de Oroso informa da apertura dos prazos de matriculación para o curso gratuito de Ofimática con LibreOffice que terá lugar de luns a xoves a partir do 6 de novembro ata o 30 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas.
O curso está dirixido á cidadanía en xeral que cumpra os seguintes requisitos: Utilizar con axilidade un ordenador (manexo do teclado e do rato, apertura e peche de programas, uso de cartafoles etc.)