Localización: Auditorio Centro Cultural
Un universo na túa maleta
Este sábado 13 de setembro ás 11:30 h temos unha cita especial no Auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro co contacontos "Un universo na túa maleta" de Ana Meilán.
Unha actividade para descubrir historias cheas de imaxinación e fantasía, pensada para desfrutar en familia.
Sinopse
Na vida, chega un momento no que algo fai clic e o universo enteiro se abre ante ti. Peter quere viaxar coma os seus pais, explorar o mundo e mesmo sentarse nunha estrela, pero o que Peter Panker non imaxina é que todas esas viaxes o agardan tras as cubertas dun libro. Maleta na man e pasaporte cuberto, convértese nun explorador de contos despois de visitar a "axencia de viaxes" máis bonita da súa cidade. E ti, cantas viaxes fixeches? Fai as maletas, sela o teu pasaporte e descubre un universo... entre libros.













