Localización: Auditorio Centro Cultural
Testosterona
O xoves 26 de outubro ás 20:30 realízase a preestrea de Testosterona, de Malasombra Producións, no Auditorio Municipal.
Se queres unha entrada exclusiva para a preestrea, confirma a túa asistencia no teléfono 981 690 903 para poder retirar as entradas no Centro Cultural antes do xoves.
Sinopse
O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?..
Poderiamos decir que TESTOSTERONA é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.
TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ambito nacional; cal dos dous será o elixido e por que? A autora mexicana Sabina Bernan, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, e faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos vendo as peripecias destes personaxes.