Biblioteca Humana Eurolibrary
Información:
  • 30-07-2025
  • 18:00 - 19:00
  • Todos os públicos
  • GRATUITO

Biblioteca Humana Eurolibrary

Este mércores 30 de xullo ás 18:00 h, o exterior da piscina municipal de Oroso (Rúa Camiño Inglés) converterase nun espazo único de encontro e inspiración coa Biblioteca Humana do proxecto internacional Eurolibrary.

  • Coñece historias persoais de superación
  • Escoita testemuños reais de peregrinación
  • Interactúa con mozos e mozas de toda Europa
  • Practica inglés e vive unha experiencia multicultural


Unha actividade aberta á mocidade local, organizada pola asociación Xeración co apoio da Unión Europea, na que Oroso será parada clave do Camiño Inglés grazas a este intercambio cultural.

Un evento diferente, humano e internacional que non podes perder!

Compartir: