Creación do logotipo oficial
Información:
  • 29-05-2025 a 27-06-2025
  • 00:00 - 23:59
  • 16 a 20 anos
  • GRATUITO
Inscrición - Reserva

Localización: Góis

Creación do logotipo oficial

No marco das celebracións municipais do centenario de Alice Sande, recoñecida pintora e miniaturista con profundas raíces no concello de Góis, ponse en marcha o 1º Reto Creativo: o deseño do logotipo oficial que representará este evento tan especial.

Este reto está dirixido a mozos e mozas e alumnado das áreas do deseño, multimedia e/ou artes, nacidos ou residentes nos concellos de Góis (Portugal) e Oroso (Galicia), territorios unidos por vínculos de irmandamento e compartición cultural.

Como inspiración, invitamos a todos os participantes a explorar a vida e obra de Alice Sande, marcada polo seu dominio do marfil en miniatura, así como o seu traballo en óleo e debuxo, dispoñible en: https://www.cm-gois.pt/viver/cultura/alice-sande

BasesDescargar

InscriciónFormulario online

Prazo Inscriciónata o 27 de xuño ás 23:59 horas

Dirixidomozos e mozas de 16 a 20 anos




Máis información na páxina web do Município de Góis

Compartir: