Localización: Campo de Fútbol Municipal Lino Balado
Campus de verán RC Celta
A partir do luns 23 de xuño poderás gozar dunha nova edición dos CAMPUS DE VERÁN RCCELTA by Cabreiroá 2025 que, durante unha semana se levará a cabo no Campo de Fútbol Municipal Lino Balado de Sigüeiro.
Un Campus organizado coa colaboración do RC Celta, o ED Xuventude Oroso e o Concello de Oroso, no que poderás gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do RC CELTA, o equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional.
Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral e nunha contorna de adestramento onde a diversión está asegurada.
Un verán máis teremos o noso premio AFOUTEZA que permitirá a algún dos participantes poder participar no adestramento dalgún equipo de categorías inferiores do RC CELTA (segundo rendemento deportivo e valoración dos nosos técnicos).
- Inclúe uniformidade de entrenamento (camiseta, pantalón e calcetíns)
- Con CARNET CELTISTA ou federados en clubs colaboradores, precio con descuento. También federados da E.D. XUVENTUDE OROSO.
- Entrenamentos según metodoloxía RCCELTA, con diferentes tipos de competición
- Merenda completa que inclúe bocadillo
- Ceremonia de clausura vernes entre as 13.15h e las 13.45h, con entrega de diplomas e sorteo de regalos
- Posibilidade de Premio AFOUTEZA (entrenamento con A CANTEIRA RCCELTA)
Máis información na páxina do RC CELTA